Lugo, 8 de abril de 2021. A Subdelegación do Goberno en Lugo ofrece a posibilidade de acceder por vía electrónica a 77 servizos da Administración do Estado, segundo informou hoxe a subdelegada, Isabel Rodríguez, que mantivo esta semana unha xuntanza cos xefes de servizo da da institución para a avaliar a Carta de Servizos da Subdelegación do Goberno.
Coa implantación da carta de servizos electrónicos, a Subdelegación do Goberno facilita aos cidadáns a posibilidade de obter información ou facer trámites as 24 horas horas do día, todos os días do ano, e sen necesidade de facer desprazamentos, co que poden evitar inconvenientes como as limitacións de horarios ou as restricións de aforo e a petición de cita previa que requiren moitos servizos debido á pandemia do coronavirus.
A carta de servizos electrónicos ofrece unha relación detallada de todos os servizos telemáticos que ofrece actualmente a Subdelegación, con ligazóns directas a cada un dos trámites. En total, ofértanse aos cidadáns un total de 77 servizos diferentes, agrupados en 13 áreas, segundo a materia da que se trate, como poden ser información e atención ao cidadán, servizos dirixidos a persoas inmigrantes, servizos relacionados con emprego ou emigrantes, homologación de títulos académicos estranxeiros e expedición de títulos,tramitación de expedientes relacionados con explosivos e pirotecnia, expropiacións, situacións de emerxencia ou catastróficas, control veterinario, xestión económica, sancións administrativas, administrativas e servizos a empresas e outras administracións.
O formato deste listado permite un acceso sinxelo ao servizo ofertado,ben picando sobre o símbolo de información ou sobre a palabra ACCEDER que figura xunto a cada un dos trámites. Tamén se ofrece información sobre o se é necesaria identificación dixital ou se trata dun procedemento aberto, así como dos requisitos que debe ter a conexión, sexa a través de dispositivo móbil ou dun ordenador persoal.
A carta de servizos electrónicos da Subdelegación do Goberno terá vixencia desde 2021 ata 2024, unha vez que foi aprobada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública, e pode accederse a ela a través do enlace https://www.mptfp.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/sub_lugo/servicios/Servicios-Electronicos.html