O 27 de Abril de 2008, 11 meses despois de ser nomeado D. Fernando Suárez Barcia alcalde de Ribadeo, tivemos unha primeira reunión para informalo de primeira man de todo o procedemento seguido con anterioridade e ó mesmo tempo reivindicar unha vez máis o ensanche e acondicionamento do mesmo. Nesa primeira reunión díxosenos que ata que non estivera o novo Plan de Urbanismo aprobado non se podía tomar decisión algunha. Pois ben o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobouse o 14 de Novembro de 2014 e a pesar de varias reunións e escritos remitidos a esta Alcaldía seguimos na mesma situación, aínda que o Alcalde fixo algunhas xestións, as cales agradecemos, pero que resultaron ser insuficientes.
O que vimos reclamando desde hai 36 anos non é outra cousa máis que un acceso digno, non estamos a esixir unha avenida como Rosalía de Castro, soamente estamos a reclamar unha vía que nos permita a circulación tanto de persoas como de vehículos.
Ata Xuño de 2018 sempre estivemos dispostos a cooperar tanto no tema económico como de calquera outro índole que a Alcaldía nos tivera demandado, co fin de desbloquear unha situación que permitise levar a diante esta reivindicación. O noso ofrecemento sempre foi por diante, pero ata aquí podíamos chegar. Podemos definirnos como discretos e perseverantes, pois 36 anos así o avalan, pero a día de hoxe imos quedarnos só co segundo.
A mellora dun camiño parécenos que é un ben común ¿Ou estaremos equivocados?