Riotorto, 28 de abril de 2021. O Grupo Socialista de Riotorto avanzou hoxe que a Deputación de Lugo realizará un investimento económico no Concello que ascende a un montante total de 296.036, a través do Plan Único da Deputación.
José García remarcou que con este investimento realizaranse melloras viarias nos accesos a Vilaseca e Ferreiravella. Tamén se executarán melloras nos accesos desde Vilar de Meilán a Espasande de Arriba, así como núcleos de Lorigados e os accesos ao cemiterio de Santa Marta. Con outros 25.000 euros adicaranse ao servicio de Axuda do Fogar para atender aos nosos maiores, e con 59.273 impulsaremos o emprego do Concello. Dentro deste orzamento tamén esta prevista unha partida de 1.500 euros para as actividades das escolas deportivas.
O Voceiro Socialista agradeceu o compromiso do Goberno que preside José Tome coas veciñas e veciños de Riotorto. “A nosa vila precisa de investimentos e proxectos que dinamicen e impulsen as nosas parroquias, máxime nun contexto como o que estamos vivindo coa pandemia do COVID. Por iso é moi necesario este investimento no noso Concello para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza”, explicou o socialista.