Xove, 24 de marzo, 2021. A presentación do XXX Curso de Música de Semana Santa de Xove celebrouse este mércores no Salón de Plenos do Concello, coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o director do Curso Xan Carballal.
O Curso vaise desenvolver do 27 ao 31 de marzo, ambos días incluídos.
O Concerto Final terá lugar o mércores 31 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, a partires das 18:00 horas. Tanto para o Curso coma para o Concerto hai aforo limitado, segundo normativa actualizada Covid-19.