Xove, 26 de marzo, 2021. Este xoves estrenouse “Veleno”, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. Foi dirixido polo xovense Adrián Canoura.
O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruinas de San Tirso, na Parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións xovenses como a de Saiñas, un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2.
Por outra banda, o Concello contribiu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, como produto cultural con moita difusión a través das redes: youtube, instagram, Facebook, etc.