A finalidade destas subvencións é facilitar o desfrute dunha vivienda en réxime de alugamento a sectores da poboación con escasos medios económicas. Esta liña de subvencións concederá axudas directas ás persoas inquilinas, cuxa cantidade oscilará entre o 40% e o 50% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
Entre os requisitos que deben cumplir os beneficiarios/as desta liña de axudas está o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Concretamente, os ingresos percibidos polas unidades de convivencia deben ser inferiores a 2 veces o IPREM pero nunca inferiores a 0,7 veces o IPREM. Non obstante, en casos de familias numerosas ou unidades familiares con persoas con certas discapacidades, o límite dos ingresos pode chegar a 4 ou 5 veces o IPREM.
Ademais, as persoas beneficiaras non poderán ter vivienda en propiedade nin débedas coas administración públicas.
As persoas interesadas nesta liña de axudas poderán presentar as solicitudes ata o día 30 de abril de 2021, data na que remata o prazo.
O Concello de Viveiro recorda ademais que a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ofrece información e a posibilidade de tramitación da axuda. A oficina sitúase na Praza Maior, 1, e tamén pode ser contactada por teléfono no 982 562968.