Viveiro, 10 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro informa que a fundación COPADE está a realizar un proxecto sobre o desenvolvemento rural en Viveiro, dada a representatividade do municipio na industria forestal.
A iniciativa, “Alianza para la conservación del monte mediante la generación de un mercado responsable” realízase en colaboración con Ence, FSC España, Azentúa, Fundación Global Nature e a Unión Sindical Obreira.
No marco deste proxecto, a fundación está a realizar un diagnóstico da actividade agrogandeira, forestal e turística no territorio.
Concretamente, céntranse no traballo de grupos produtores e bens agrogandeiros, forestais e turísticos sostibles potencialmente ofertables. O obxectivo do estudo é aumentar os criterios de calidade e comerciabilidade destes sectores, aplicando certificacións ambientais e de sostibilidade, aumentando o impacto positivo no desenvolvemento social e económico da zona.
Para levar a cabo este diagnóstico, dende a fundación propoñen unha serie de entrevistas con produtores e produtoras destes sectores, así como con comercios que vendan produtos ecolóxicos, de proximidade ou incluso de turismo sostible.
A fundación desprazarase entre o 15 e o 17 de marzo para realizar ditas entrevistas no municipio de Viveiro. Co obxectivo de asegurar un estudo representativo do estado do sector en A Mariña, o Concello de Viveiro anima a todos os produtores/as e agrogandeiros/as residentes na zona a participar nestas entrevistas.
As persoas interesadas en formar parte do estudo poden apuntarse no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScif4tBnNinbJrKLLD6aOECPMKf-ndoVhtQY9gVnHI9Pnw5nA/viewform Tamén se pode contactar coa fundación no enderezo electrónico info@copade.org ou no teléfono 914155405.