Ribadeo, a 13 de marzo de 2021. O voceiro popular de Ribadeo, Daniel Vega, defende o traballo conxunto co tecido económico local de cara á reactivación económica e, polo tanto, o Grupo Popular ribadense está a informar das últimas normas que afectan á hostalería; así coma das distintas axudas que convoca a Xunta “para paliar a difícil situación que atravesa o sector debido ás medidas establecidas para conter a pandemia”.
“A colaboración de todos é fundamental para reactivar a actividade económica e social no noso concello de forma segura”, defende. Por iso insiste na necesidade de seguir cumprindo as medidas de prevención e convida aos veciños e visitantes a respectar a normativa sanitaria, cumprir cos horarios e o aforo igual que o están a facer os bares, restaurantes e establecementos comerciais co obxectivo de manter “un Ribadeo seguro fronte á covid-19”.
Apoio ao comercio e axudas directas á hostalería
O popular destaca a colaboración da Xunta co comercio ribadense ao que ten achegado información, cartelería e outros recursos para desenvolver a súa actividade en condicións de seguridade; así coma a súa colaboración en campañas de dinamización das compras no municipio que permiten “impulsar Ribadeo”.
En relación aos negocios de hostalería, Vega explica que para os autónomos, microempresas, o sector hostaleiro e os sectores non hostaleiros que estiveron pechados o Goberno da Xunta ten en marcha o segundo plan de rescate dotado con 75 millóns de euros en axudas directas e cunha tramitación sinxela.
Co primeiro plan de rescate, a Xunta dirixiu a 144.000 euros a 51 negocios hostaleiros de Ribadeo. Pola súa banda, o prazo para solicitar as novas axudas continúa aberto.