A Mariña, martes 30 de marzo de 2021. O Bng mariñao, que vén de retomar este fin de semana unha campaña institucional e social en demanda da creación da Autoridade Portuaria de San Cibrao e da liberalización do dique norte de Morás do porto comercial de San Cibrao, valora positivamente o voto favorable de PP e Psoe á moción que nese sentido defendeu a deputada nacionalista mariñá Mónica Freire.
O BNG insta a Psoe e PP á que manteñan en Madrid os posicionamentos que defenden nos concellos, na deputación ou no Parlamento de Galiza
A maiores desto, para o Bng comarcal esta unanimidade acadada hoxe da corporación provincial tén que traducirse en feitos e en actuacións concretas por parte das institucións que tenen responsabilidades no tema como é o caso do Goberno do Estado, porque a creación da Autoridade Portuaria e liberalización do dique norte son decisións políticas, afirman desde o Bng, e polo tanto, PP e Psoe deben apoiar esta proposta tamén no Congreso dos Deputados e despois o goberno plasmar en documentos oficiais eses acordos para que A Mariña e a provincia de Lugo conten con Autoridade Portuaria propia para rematar con décadas de discriminación. “É o que pide esta comarca e é o que lle corresponde, tal como demandou sempre a sociedade mariñá” afirman desde o Bng.