O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
A elaboración deste cómic é froito dunha das iniciativas levadas a cabo en 2010 pola comisión creada para a conmemoración do bicentenario do afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro 1810-2010.
Dende o Concello de Viveiro infórmase de que o acto se desenvolverá seguindo as medidas e limitacións establecidas polas autoridades sanitarias por mor do contexto actual. Así, o aforo máximo para o público da sala na que se celebrará o acto será de 20 persoas.