Unha actividade importante para esta semana na Casa da Cultura: A representación da obra “La Pimentera”, a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática moi interesante no marco do 8 M: O papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 6 da tarde. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.
Teatro no Vicedo
Teatro no Vicedo
Relacionado
-
A Xunta entregou os diplomas aos participantes no obradoiro de emprego do Vicedo, Ourol e Muras
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros