Site icon Crónica3.com A Mariña

Seis mil máscaras para os catro centros educativos de Burela

Burela, 24 de marzo de 2021. O Concello entrega seis mil máscaras aos catro centros educativos de Burela.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “desde o Concello facemos unha segunda doazón aos catro centros educativos de primaria e secundaria de Burela, 1.500 máscaras para cada un deles. 5.000 máscaras que foron recibindo en diferentes lotes dende o Ministerio e distribuídas pola Deputación de Lugo aos diferentes Concellos de tamaño adulto e 1.000 máscaras de tamaño infantil adquiridas a través da partida destinada para paliar os efectos do Covid con fondos do Plan Único da Deputación”.

O rexedor sinalou que “deste xeito queremos botarlles unha man aos centros de ensino, aos docentes e aos rapaces e rapazas que estudan tanto nos Ceips como nos Ies de Burela”.

Cribado
Esta tarde no autocovid do Sergas, no Hospital da Mariña, dará comezo o cribado voluntario para o que se anotaron preto de 500 persoas desde o pasado luns e ata este mesmo mediodía.
O rexedor contou que “a xente que se apuntou recibirá un sms indicándolle a hora e o día á que ten que acudir a realizar a proba”.

Llano insistiu en que “o cribado para tentar evitar e controlar a aparición de novos brotes de covid19 está dirixido a persoas que desenvolven a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado de cara ao público usuario dos servizos públicos ou privados e do terceiro sector prestados no ámbito territorial do termo municipal de Burela (persoal empregado ou profesional do sector público entre cuxas funcións estea a de atención ao público, así como o dos sectores relativos ao comercio retallista, á hostalería, restauración e/ou hospedaxe, aos supermercados, ás tendas de alimentación, ao transporte público ou privado de viaxeiros, ao asistencial, e calquera outro sector análogo)”.

Exit mobile version