Está chegando a data do Tradicional Mercado e, un ano máis, non podemos celebralo como todos desexaríamos, xa que agora toca coidarse e en solidariedade coa nosa saúde non haberá mercado tal e como se ven realizando todos os anos, levando a cabo un Mercado de Primavera Virtual, para non pasar sen festexar dalgunha maneira esta data tan sinalada e esperada por todos.
Este ano tócalle a XV edición, será todo nas redes sociais municipais, rememorando os nosos mercados, con vídeos, sketch, fotografías, concursos, etc.
Nesta edición contaremos con tres concursos baixo o cancelo #MercadoPrimavera21:
De zocas: con dúas categorías, infantil e adultos. Os participantes terán que decorar as súas zocas e subir unha foto ás redes sociais do concello, cada unha das categorías terá 4 premios de: 200, 100, 50 e 30€ respectivamente.
De fotografías: Os participantes terán que facer ou buscar no seu arquivo unha foto relacionada co mercado de calquera edición e subila ás redes. Haberá 3 premios de: 100, 50 e 30€.
De vestimenta: Os participantes terán que facer unha foto ou buscar en arquivo coa vestimenta de época e subila ás redes. Haberá 3 premios de: 100, 50 e 30€.
Todos estes premios consistirán en bonos para inverter no comercio local, colaborando así este concello cos establecementos locais que tanto o necesitan nestes momentos.
As bases dos concursos e anuncios correspondentes iranse publicando nas redes sociais municipais.
Animámosvos a todos a participar neste Mercado Especial e Diferente, non perdendo a ilusión e esperando poder desfrutar de maneira presencial do Mercado do vindeiro ano.