A obra, publicada pola editorial Tris Tram coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, pon en valor a vida no rural a través da historia do seu protagonista Brais, un rapaz que se cría nunha aldea coa súa avoa. O escritor e fundador de Nova Escola Galega, Xosé Lastra, e a vicepresidenta, Maite Ferreiro, acompañaron ao autor no acto.