Site icon Crónica3.com A Mariña

Paula Méndez Bajatierra, de Barreiros, recolleu o seu premio do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia

Lugo, 25 de marzo de 2021. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade entregou hoxe os premios aos nove escolares gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia.

O delegado territorial, Javier Arias, participou no acto xunto coa directora do centro, María Isabel Pérez Forneas, e a responsable da área de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez, entre outras persoas. Arias felicitou aos rapaces e rapazas cuxos traballos foron recoñecidos nesta edición e animounos “a seguir cultivando a súa afección polas letras, xa que a poesía e todas as expresións da cultura abren unha fiestra á esperanza en momentos tan complicados como nos tocou vivir nesta pandemia”.

Tamén destacou o labor de dinamización da biblioteca, que ademais de convocar cada ano dous certames literarios – o de Nadal e o das Letras Galegas-, fixo un esforzo especial nos últimos meses por manter as actividades de animación á lectura -contacontos, charlas, talleres…-, adaptándoas ás medidas anticovid establecidas en cada momento.

O xurado estivo formado por María José Gómez Rodríguez; María Elena García Pazos, en representación da Biblioteca Pública de Lugo; Ana Carreira, escritora; e Xulio Xiz Ramil, xornalista, que actuou como secretario.

Os alumnos e alumnas premiados son os seguintes:

– CATEGORÍA A ( ATA OS 8 ANOS)

1º Premio: Paula Méndez Bajatierra (7 anos). Biblioteca municipal de Barreiros
2º Premio: Pablo Coucheiro Rodríguez (8 anos). Biblioteca municipal de Antas de Ulla
3º Premio: Candela Fernández Rodríguez (7 anos). Biblioteca municipal de Sober

– CATEGORÍA B (9 A 11 ANOS)

1º Premio: Brais Rodríguez Álvarez (11 anos). Biblioteca municipal de Sober
2º Premio: Nicolás Fernández Vázquez (11 anos). Biblioteca pública de Lugo
3º Premio: Keira Montes Smith (10 anos). Biblioteca municipal da Pobra de Brollón

– CATEGORÍA C (12 A 16 ANOS)

1º Premio: Nerea Quiroga Rodríguez (15 anos). Biblioteca municipal de Monforte de Lemos
2º Premio: Nuria Devesa Núñez (16 anos). Biblioteca pública de Lugo
3º Premio: Gabriela López Mesa (14 anos). Biblioteca municipal de Antas de Ulla

A Xunta publicará un libro con todos os poemas premiados. Ademais, cada un dos gañadores recibe como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos.

Exit mobile version