O rexedor dixo: “quero expresar a nosa satisfacción por ver como no Hospital Asilo hoxe xa se puxo a segunda dose da vacina, a primeira hai varias semanas que foi aplicada. Agora xa podemos dicir que as dúas residencias de Ribadeo, tanto a nova como o Hospital Asilo, o seu persoal e os usuarios e usuarias, todos coa excepción dunha persoa na nova residencia, fóiselles aplicada a vacina contra o covid19”.
Suárez Barcia subliñou que “é algo que nos ilusiona nesta nova etapa de recuperación e que tamén vemos como o resto da cidadanía, nos diferentes segmentos de idade, a están empezando a recibir e outros están ansiosos de que veñan máis vacinas para que todo o mundo a poida poñer, para que empecemos como sociedade a mellorar e a tirar para adiante. Esperemos que nos próximos días sigamos tendo boas noticias neste sentido”.