Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas denuncian que o Concello de Abadín tivo que pagar unha multa de 3.000 euros

Abadín, 24 de marzo de 2021. “O Concello de Abadín ten que pagar unha multa por un importe de 3.005 euros imposta polo Director Xeral de Saúde Pública, por un problema contra a saúde pública”. Así o anunciou o voceiro socialista Pablo Díaz López, tras coñecer o decreto que asina o Alcalde de Abadín, no que se pode comprobar o pagamento desta sanción imposta o pasado 30/07/2019.

Díaz López remarca que o Concello de Abadín tivo que facer fronte a este pagamento de xeito urxente á Conselleira de Facenda “co fin de certificar que o Concello non ten débedas pendentes, e para poder solicitar así a correspondente subvención destinada ao Servizo de Atención Temperá, incluída no Marco da Rede Galega de Atención Temperá, asinado xunto con outros nove concellos”, sinala.

“Unha vez máis ás veciñas e veciños de Abadín teñen que sufrir a incompetencia do Alcalde, xa que por unha banda sancionan ao Concello por un problema tan grave contra a saúde pública, e por outra banda, o Concello ten que asinar un pago urxente debido que o Alcalde, tampouco é capaz de abonar as débedas pendentes municipais, como neste caso, e que foi imposta no ano 2019”, criticou.

Reclamará explicacións na vindeira sesión plenaria
O Voceiro Socialista anunciou que reclamará explicacións na vindeira sesión plenaria para coñecer o expediente completo desta sanción. “O Alcalde actúa dilixentemente para pagar os salarios dos Concelleiros do Equipo do Goberno, pero non para atender aos pagos que ten pendentes o Concello, como neste caso a multa contra a saúde pública no pavillón, un expediente que se xa iniciou no ano 2018”.

Exit mobile version