Cervo, 3 de marzo, 2021. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron este mediodía, xunto co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras acometidas no Polígono de Cuíña, que supuxeron un investimento que superou os 230.000 euros, dos cales o 80% proceden da Xunta de Galicia.
Unha vez máis -precisou o Villares- “temos que agredecerlles á Administración autonómica e ao seu delegado na provincia, o seu compromiso co noso Concello á hora de contribuír a mellorar dotacións e infraestruturas que supoñen, neste caso, un salto de calidade e competitividade para o noso parque empresarial”.
Saúdos.