Ribadeo, a 29 de marzo de 2021. O coordinador de deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, destaca o apoio da Xunta de Galicia ao proxecto Argos co desenvolvemento da súa segunda parte da man dos seus arqueólogos e da Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha.
Os populares retoman así as colaboracións coas entidades deportivas do municipio ao lograr investimento da Xunta para o proxecto Argos 2 “a través do que se realizará un novo documental para poñer en valor o patrimonio subacuático da nosa ría”. A primeira edición do proxecto permitiu exhibir o documental ‘Lo que la ría esconde’.
“Dentro deste proxecto tamén se realizará unha exposición fotográfica itinerante e un libro-documental sobre o que gardan as augas da nosa ría”, segundo explica o popular.
Tito Suárez asegura que “o Grupo Municipal Popular segue apostando pola cultura e o deporte na nosa vila”.