Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP fonsagradino insta ao alcalde a convocar aos grupos políticos para negociar o Orzamento

A Fonsagrada, 18 de marzo de 2021. O Grupo Municipal de A Fonsagrada, José Regueiro, insta ao alcalde da localidade a convocar aos grupos políticos para negociar o Orzamento, co fin de que o Concello non conte por segundo ano consecutivo cunhas contas prorrogadas e sen ningún tipo de investimento real que beneficie aos cidadáns. Trátase, en definitiva, sinala Regueiro, de “garantir a transparencia na xestión pública”.

Deste xeito, o popular considera que, dado que está a punto de cumprirse un mes da sesión na que BNG e PP votaron en contra do documento orzamentario por non axustarse ás demandas dos fonsagradinos, os socialistas deben “dar a cara e sentarse con todos nós para artellar un Presuposto que realmente dea servizo aos fonsagradinos”. Proba delo, engade, é que xa tres meses antes de sometelo a pleno, os populares presentaron unha moción a este respecto.

“O alcalde está gobernando en minoría, polo que ten, necesariamente, que chegar a acordos e ter e conta o que lle propoñemos. Non pode esquecer, di, que fomos o partido que contou co maior número de apoios nas municipais e, por tanto, o que gañou as eleccións”.

Neste senso, Regueiro destaca que “non podemos ter unha contas prorrogadas dous anos seguidos, pero tampouco se pode consentir que o goberno local non garanta a transparencia na xestión, siga mantendo un endebedamento de máis de 300.000 euros, de tal xeito que o grado de inversión sexa practicamente nulo, ou que, cunha crise como a que temos debido á pandemia, o Concello non inclúa ningunha partida para autónomos e empresarios, e tampouco beneficios fiscais”, remarca.

Por este motivo, os edís do PP, en aras de facer unha oposición construtiva e útil aos veciños e veciñas, agardan a convocatoria do alcalde para “que todos aportemos e realmente as contas se axusten ao que Fonsagrada necesita nestes momentos e non só a pagar débeda ou salarios”.

Exit mobile version