Xermade, a 27 de marzo de 2021. O Grupo Municipal do PP de Xermade critica “a deixadez do goberno local en relación á recollida do lixo” e que “despois de ter subida as taxas da súa retirada ao comezo do mandato aproveitando a súa maioría no Pleno; non faga unha recollida habitual e selectiva dos residuos nas dez parroquias de noso concello”. Nese sentido, pediranlle a través dun rogo no vindeiro pleno que “tome cartas no asunto”.
Esta non é a primeira vez que os populares levan a unha sesión plenaria este asunto; xa que “en outubro do pasado ano preguntabamos cal era a razón do abandono e retraso na recollida”. Agora, a situación vese agravada coa falta de recollida nas últimas datas. Ademais, “como a recollida selectiva non se fai con regularidade, incítase ós usuarios a prescindir dela”, segundo manifesta o voceiro, Antonio Riveira.