Son auguas residuais da depuradora que se unen con aguas pluviais xa que a tagea era para recollida de augas da chuvia
Os populares precisan que, dende a recente construción desta dotación, localizada na estrada LU-721, conectouse a súa saída á gabia da estrada, co fin de recoller as augas da chuvia, causando con elo mal olor e acumulación de residuos.
Ademais, a presión coa que discorren as augas residuais, ocasionou a súa filtración entre as pedras, deteriorando con elo a estrutura da estrada. Tal é así que, ao non estar canalizado, a ruta de sendeirismo do lugar e a vía que une Fornos de Cal con Aula Verde anegáronse en diversas ocasións.
Por outra banda, “e froito da nula xestión do goberno local”, o Concello, malia non haber ningún núcleo de poboación próximo, ten instalado un colector de residuos orgánicos nas inmediacións da depuradora, “o que incrementa aínda máis, precisa Regueiro, o risco medioambiental e sanitario”.
Petición directa ao alcalde
“Estas aguas desembocan en ríos do que, probablemente, se serven varios núcleos para consumo e outros usos. Por iso, lle pedimos ao alcalde que tome nota da situación e emprenda as xestións que sexan oportunas para corrixir a inseguridade que xera o funcionamento dunha dotación que, malia levar pouco tempo funcionando, xa esixe un acondicionamento e mellor mantemento”. E é que, segundo advirte o popular, “esta situación deixa entrever que a depuradora non procesa a auga correctamente”. “Isto é un total desgoberno que chega ata o punto de ser un perigo para o medio ambiente e a saúde das persoas”, conclúe.