Dentro da súa proposta destácanse moitos dos puntos de interese que se poden visitar no norte de Galicia tendo como punto de partida o seu hotel en Burela, ubicado no centro da Mariña Lucense: desde a Praia das Catedrais ata o Banco de Loiba, pasando polo Fuciño do Porco, o Cabo Ortegal, Mondoñedo, a Basílica de San Martiño, Sargadelos, os eucaliptos de Chavín ou a fervenza de Santo Estebo do Ermo, entre outros moitos; así como os numerosos atractivos da vila de Burela: o seu porto pesqueiro, o Barco Museo Boniteiro, as Rutas Xeolóxicas, as súas praias, ao pé dunha delas sitúase o Hotel Nordés, ou as espectaculares vistas da cornixa cantábrica desde o mirador do Monte Castelo.
Segundo a súa xerente, Noelia Fraga, a empresa quere “premiar a fidelidade de tódolos nosos clientes de aquí despois dun ano tan difícil e xa de paso dar a coñecer esta zona norte de Galicia a tódolos galegos que queiran facer una escapada respectando as limitacións pero sentíndose aquí como na súa propia casa”.