Viveiro, 26 de marzo de 2021. O goberno municipal estivo hoxe presente no acto convocado pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que tivo lugar en Celeiro ás 12:00 horas, coa presenza do primeiro tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández, e da concelleira de Turismo e Comercio, María Soledad Rey Yáñez, como mostra de apoio ao sector pesqueiro da flota de baixura.
Neste sentido, cabe sinalar que por parte da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro se remitiu un escrito á Alcaldía co texto para a presentación dunha moción conxunta, de toda a corporación municipal, co obxecto de demandar a eliminación das modificacións do Regulamento de Control Europeo da UE 1224/2009, con respecto á frota artesanal.
Esta moción será incluída na orde do día da próxima sesión plenaria, que terá lugar o 6 de abril de 2021, por acordo do Grupo Municipal do PSdG-PSOE, Grupo Municipal do PP, Grupo Municipal de Por Viveiro, Concelleira do BNG e Concelleiro Non Adscrito.