Por parte do concello, en canto nos solicitaron os datos do persoal do SAF para o proceso de vacinación por Covid-19, enviouse a información correspondente, procedéndose entre os días 17 e 18 de febreiro á vacinación do persoal deste servizo. A vacinación é un paso moi importante, tendo en conta o traballo que fai o persoal con persoas maiores e dependentes de Viveiro.