Mondoñedo, 26 de marzo, 2021. Na reunión da Xunta Directiva do GDR Terras de Miranda o pasado xoves 25 de marzo no Pazo San Tomé de Mondoñedo, a asociación aprobou a modificación da súa estratexia de desenrolo para adaptala á modificación das bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader publicada o xoves 18 de marzo no DOGA e dar a posibilidade de subvención a proxectos vinculados á posta en valor dos terreos agroforestais e a recuperación demográfica do medio rural segundo os instrumentos contemplados na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que se aprobará en breve.
Esta modificación incorpora a subvencionabilidade de proxectos orientados ao aproveitamento agrícola, gandeiro e forestal da terra como son os polígonos agroforestais, as agrupacións e as actuacións de xestión conxunta e os proxectos de ordenación produtiva das aldeas modelo. Tamén se dará apoio a plans ou actuacións integrais de desenvolvemento rural enmarcados en plans estratéxicos supramunicipais.
Outro dos puntos foi a aprobación do reparto de fondos entre as distintas tipoloxías de proxectos para a convocatoria de este ano, que inda que non se sabe todavía a cantidade exacta ronda os 13 millóns de euros para os 24 GDRs. Da cantidade asignada ao GDR Terras de Miranda, o 65% irá para proxectos produtivos e un 35% para non produtivos: un 21% para proxectos non produtivos de Entidades Públicas e un 14% para proxectos non produtivos de entidades privadas. A nova convocatoria do programa Leader sairá aproximadamente sobre mediados do mes de abril.
Entre os proxectos de animación que realizará o GDR nesta anualidade, encóntranse actividades como a presentación oficial da Guía Turística do territorio, elaborada polo GDR a través do programa Leader na anualidade 2020 e que non se puido presentar todavía oficialmente, ademais de dar continuidade a diversos proxectos relacionados cos sectores produtivos do territorio, entre eles o turístico, actuacións para impulsar un espeleoparque na Mariña, como a identificación e xeoposicionamento dos recursos, avaliación dos puntos de interese ou creación dunha ruta, un estudio para a conservación e mantemento dos Órganos de San Salvador de Lourenzá, sendo un dos conxuntos salientables do patrimonio galego, así como outras actividades de promoción e difusión.