Site icon Crónica3.com A Mariña

O documental “Por ser mujer” chega este venres a Foz

Foz, 10 de marzo de 2021. Este venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.

Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.

O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta.

Exit mobile version