Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello do Valadouro comeza un ano máis o trampeo de velutina

O Valadouro a 21 de marzo de 2021. Nesta primavera de 2021 o Concello instalara máis de 1500 trampas repartidas en 6 quincenas, cubrindo toda a extensión do municipio e potenciando as zonas onde mais niños se detectaron en 2020.

Este será o cuarto ano que se realiza o trampeo, desde que empezou a extensión da velutina, o numero de niños sempre ía en aumento ano tras ano ata que en 2018 comezouse a realizar un trampeo a gran escala.
O trampeo combinado coa retirada de niños foi a única forma de manter que o numero de niños que se detectan no verán áchase reducido un 80%.
A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio nestes últimos anos sempre foi un aliado á hora de aumentar o numero de trampas que se colocan, sempre que se empeza o trampeo paralelamente faise unha campaña de divulgación e sensibilación.

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos e mesturado cun pouco de cervexa negra, podemos atrapar esa raíña de velutina que elixiu o noso xardín para pasar o inverno aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo mais complexa é tentar localizar os niños primarias, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.

Exit mobile version