Ribadeo, 1 de marzo de 2021. O Concello ribadense iniciará o vindeiro luns, 8 de marzo, a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas por parte da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente S.L., transportista profesional de residuos autorizado pola Xunta de Galicia.
Esta campaña de recollida prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos recibidos en tempo e forma. Para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión.
As persoas interesadas poden solicitar este servizo a través do teléfono do Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas ata este venres, día 5 de marzo.