Mondoeñedo, 27 de marzo, 2021. No Comercio de Proximidade atoparás produtos únicos, cultivados na túa propia comarca, estarás incentivando a economía local e voltarás a experimentar unha nova forma de mercar e camiñar polas rúas do teu barrio.
Terás unha atención personalizada e de axudarás a outras persoas próximas como son agricultores, gandeiros, etc. Son lugares de encontro onde se fomentan as relacións sociais.
Vindo ao Comercio de Proximidade, fas medrar o emprego e estimulas que novos emprendedores creen negocios.
Por todo isto, debes de apoiar o noso comercio. Ven, estámoste agardando!