Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acondiciona os areais

Cervo, 29 de marzo, 2021. O Concello de Cervo realizou estes días traballos de limpeza e acondicionamento dos areais do municipio, tal e como vén sendo habitual por estas datas, coincidindo co período de vacacións das crianzas a fin de proporcionarlles “ás familias e a toda a nosa veciñanza espazos seguros, ao aire libre, para poder desfrutar destes días festivos nestes tempos de pandemia”.

Tal e como constataron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, retiráronse madeiras, maleza, e outros materiais que foron deixando os temporais dos últimos meses, pero tamén, restos xerados polo ser humano “como feces de mascotas, plásticos, envases…”; polo que tamén quixeron facer un chamamento ao civismo “para poder desfrutar todos destes espazos únicos que temos o privilexio de ter no noso municipio”.

Esta pasada fin de semana xa vimos como as nosas praias foron, precisamente, un dos escenarios escollidos para gozar do bo tempo, e agardamos que así siga sendo “sempre mantendo unha actitude responsable, para protexer e protexernos”.

Exit mobile version