A edil burelesa explicou que “o Concello ven de ceder o primeiro bloque das antigas vivendas de profesores do colexio dos Castros. É un bloque con catro pisos que se entregan ao Centro San Aníbal para que amplíen o seu proxecto social, que tanto aporta para a comarca e en concreto para os servizos sociais da nosa vila”.
Carmela López subliñou que “neste tempo que levo de concelleira o apoio constante e continuo e o bo entendemento con este centro e coa xente que o integra é moi importante, porque nós carecemos dunha vivenda de emerxencia social. Non é fácil xestionala e levala a cabo e a verdade é que atopamos nesta cesión un mecanismo que poida axilizalo e que faga posible que sexa unha realidade”.
A concelleira de Servizos Sociais indicou que “se trata de catro vivendas, que van ser tuteladas, que é o mesmo formato que teñen eles no centro actualmente. Para financiar as obras apoiarémonos e solicitaremos a implicación da Deputación de Lugo e o Centro San Aníbal dirixirase á Xunta de Galicia a través de varias liñas de actuación”.