O Centro Experimental de Voos Non Tripulados Áncora que xestiona o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) no Concello de Cervo acollerá este xoves ás 11h, a presentación de XESTAL (Xestión Forestal Sostible Mediante Teledetección Remota), unha solución tecnolóxica desenvolvida por un consorcio de empresas galegas para a optimización da xestión forestal que se basea na teledetección mediante UAVS (Vehículos Aéreos Non Tripulados).