1. Desde que data saben vostedes que a “cesión propiamente dita non é posible por razóns legais. Isto débese a que a lexislación da Seguridade Social non é a mesma que a lexislación do resto da administración do Estado, dado que ten as súas propias especifidades.” tal e como afirman na súa comunicación aos medios?
2.Segundo a información coa que conta o BNG, existe a posibilididade de que xa en novembro de 2020 fosen coñecedores de que os trámites de cesión non ían poder resolverse segundo o esperado, se é así cal é o motivo polo cal non deron a coñecer aos membros da corporación e a veciñanza a inviabilidade da cesión de dito inmoble?
3. Segundo as seguintes declaracións: ”dende o executivo local destacan que nunca se deixou de traballar por buscar unha solución a esta cuestión.” Cales son os pasos que deron en 2020/2021 ante a Xunta de Galicia e o goberno español para conquerir a cesión/titularidade do edificio colexio vello de Celeiro e que documentación existe ao respecto?
4. Teñen vostedes coñecemento de cal vai ser a posible proposta por parte da TXSS e a data aproximada na que se comprometeron a dar traslado da mesma?