Lugo, 18 de marzo de 2021 O BNG leva ao Parlamento galego o incumprimento de pagos das subvencións das Casas Niño -servizo de atención de crianzas de entre cero a tres anos nos concellos con menos de 5.000 habitantes- ás que a Xunta de Galiza está xerando un gran problema ás titulares destes proxectos, os que se desenvolven principalmente nas provincias de Ourense e Lugo.
Por conseguinte, o BNG esixe á Xunta de Galiza que pague inmediatamente as contías adebedadas e levará iniciativas na procura de fórmulas de pagamento para garantir a estabilidade económica deste servizo público.
Ante esta situación de impagos, a deputada por Lugo no Parlamento galego e viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, sinalou que este problema xa non é novo. A Consellería de Política Social xa presentou problemas de pago as titulares destes centros en 2017 e 2018, no que “a falta de tramitación da Xunta está impulsando a precariedade das traballadoras e traballadores das Casas Niño, estas persoas atópanse nun momento económico moi complexo debido a situación actual e a Xunta de Galiza non pode fomentar a inestabilidade económica” destacou Rodil.
Olalla Rodil fixo fincapé en que “as Casas Niño levan desde o mes pasado de setembro de 2020, é dicir 6 meses, sen ningún ingreso” no que subliñou que “as titulares teñen que seguir aboando as súas obrigas tributarias como os custes derivados da actividadade, hai que lembrar que as titulares son traballadoras autónomas que presnetan un servizo público”