Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide rematar co feismo dos paneis de obras públicas

Viveiro, 21 de marzo, 2021. Grandes cartaces e paneis están a ensuciar a paisaxe de Viveiro co anuncio de obras públicas pagadas por todas nós, onde vemos como xa se está a converter nunha competición de a ver quen pon o panel máis grande e co logo da/s administración/s pertinente/s o máis visíbel. Paneis e cartaces que comezaron atados ás reixas metálicas temporais das obras, até chegar ao punto de instalalos con pés de ferro formigonados ao chan para ficaren na eternidade.

Xa sexa Goberno do Estado, Xunta de Galiza, Deputación de Lugo e mesmo o Concello de Viveiro, teñen a responsabilidade de manter o noso concello nas mellores condicións posíbeis e de colaborar na mellora da nosa imaxe retirando do noso concello estes elementos de feísmo urbanístico e paisaxístico.

Polo exposto, desde o BNG de Viveiro demandamos ao goberno de María Loureiro que lle esixa ás empresas construtoras a retirada dos paneis e cartaces das obras públicas unha vez executadas e rematado o prazo obrigatorio de publicidade das mesmas.

Exit mobile version