O goberno municipal de Pol está tomando decisións de gran envergadura sen o control e a supervisión da oposición, instrumentos básicos do funcionamento normal da política municipal. Óscar Carballés, concelleiro e portavoz muncipal do BNG en Pol, sinala que “estase a levar a privatización do Servizo da Axuda no Fogar e un desmesurado investimento na área deportiva onde nós como edís non podemos facer nada, é totalmente antidemocrático o que estamos a vivir”.
O concelleiro subliñou que estas decisións de carácter vital para a veciñanza “tománse pola porta de atrás, sen amosar ningunha argumentación nin información, esquivando os acordos plenarios e a lei, que obriga facelos como mínimo cada tres meses” declarou Óscar Carballés.
Por outra banda, Óscar Carballés sinalou que debido a esta situación tampouco pode pode presentar propostas, as que “o goberno non lle interesa que outras voces digan o que deixan de lado, como por exemplo o grave estado das vías e pistas municipais” declarou o concelleiro.