En verbas do voceiro do BNG, Mario Pillado, “cremos que pode ser unha boa posibilidade e coñecemos o traballo que realizan dende o centro. Queremos ter acceso á documentación do convenio porque aínda que non dubidamos que o acordo está avalado polos técnicos municipais, nos que temos total confianza, queremos coñecer mais en profundidade os extremos ós que chegan as dúas partes asinantes”
Para o BNG resulta estraño que este convenio non se leve a pleno.
O portavoz nacionalista sinalou que “tivemos un pleno extraordinario este pasado xoves e a finais de mes teremos o correspondente pleno do mes de Marzo, pero polo visto o convenio de cesión do inmoble non atopa encadre en ningún dos dous. É algo que nos estraña, posto que este tipo de acordos sempre eran sometidos a debate e aprobación plenaria”.
Pillado continuou indicando que ”polo noso grupo, unha vez analizada a documentación e revisado o convenio, se non atopamos nada irregular, non habería ningún problema. Creo que temos demostrado no que vai de mandato en minoría do PSOE a nosa vontade para chegar a acordos e buscar o interese xeral da veciñanza, outra cousa é que a intención sexa a mesma por tódalas partes”.