Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo curso de Apaga en Ribadeo, nesta ocasión de asistencia á condución

Ribadeo, 15 de marzo de 2021. Ribadeo acolleu un curso sobre sistemas avanzados de asistencia á condución. Organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia tivo lugar o sábado.

Oito persoas recibiron esta formación en horario de mañá e de tarde. Na cita foron abordados aspectos como a detección no visor de ángulo morto, o control de cruceiro adaptativo, a alerta sobre o tráfico cruzado, os sistemas LDW, os sistemas de detección de peóns e freo autónomo e o freo autónomo de emerxencia. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “foi unha actividade práctica especialmente sobre as calibracións destes sistemas, que hoxe en día case traen todos os vehículos”.

A actividade formativa de Apaga continuará nas vindeiras semanas.

Exit mobile version