Viveiro, 4 de marzo, 2021. Alcadesa de Viveiro propuxo a todos os grupos da corporación unha declaración institucional o día antes de convocar o pleno do 2 de marzo, sen apenas tempo de consensuar un texto e 3 días despois de que o BNG rexistrara a moción relativa ao 8M.
De existir por parte da alcaldía unha vontade real de consensuar unha declaración, a sra. alcaldesa tivo 11 meses para convocarnos a unha xunta de portavoces para que todos os grupos da corporación puidésemos participar na redacción dun texto consensuado que reflexaría sen dúbida unha visión máis achegada á realidade das problemáticas que viven e sufren no día a día as mulleres.
Calquera que lea este documento con detemento percatarase de que non di nada, tanto é así que este texto chega ao pleno como “moción” mais non conta cunha parte declarativa, non hai proposta de acordos, polo que non hai nada que votar. Nun tema tan serio o BNG non colaborará en branquear os dereitos das mulleres traballadoras, con discursos “boistas” baleiros de contido, nin unha soa proposta concreta, nin un só compromiso concreto recolle este texto, por exemplo:
–“tomar as medidas necesarias para non deixar de avanzar”, cales tomou o PSOE de Viveiro no último ano?
-“este concello comprométese a traballar cada día por implatar un modelo de sociedade no que a igualdade real sexa unha normalidade”, como? que políticas municipais está a implantar o goberno municipal no día a día para conseguir a Igualdade real?
Un texto que é unha mera declaración de intencións, escoitando reitaradamente que o día da muller debe ser os 365 días ao ano, por iso dende o BNG preguntamos qué medidas impulsou neste 2020/2021 o Goberno de María Loureiro para promocionar e conquerir a igualdade, qué accións concretas, a parte dunha programación con 4 actividades para o propio 8M, e de conservar o CIM no concello.
Desde o BNG aproveitamos a ocasión para preguntar certas cuestións en materia de igualdade:
Cántas campañas de sensibilización se fixeron?
Por que a veciñanza non coñece ningún estudo nin datos sobre a situación da muller no concello de Viveiro?
Cales son os indicadores demográficos, sociais e laborais que ten en conta o seu equipo de goberno para executar accións para a igualdade? Por que non se publicita o traballo que tan ben fai o persoal do CIM nas redes nin na páxina web?
Por que non se coñece o contido nin o estado actual do Plan de Igualdade de políticas de xénero para as veciñas e veciños do concello de Viveiro? existe? cantos se fixeron? Hai concellos no país que van polo cuarto como o concello de Pontevedra.
Cales son as cláusulas de igualdade que impulsou o concello de Viveiro para a contratación de empresas privadas, de xeito que cando se contrate a unha empresa, os cartos da admón vaian destinados a xerar igualdade?
Puideron por exemplo ter feito o plan de igualdade para o persoal laboral do concello, tal e como recollen as modificacións feitas na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, que no artigo 51 obriga ás administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias e en aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes, a elaborar dito plan.
Mais nada teñen feito, polo que desde o BNG instamos ao goberno do PSOE a iniciar o proceso de elaboración do Plan de Igualdade para o persoal laboral, canto antes, porque xa vai 6 anos tarde.
E tendo en conta que estamos a marzo e sen orzamento para o 2021, cal vai a ser a partida orzamentaria, as medidas ou axudas quen ten pensado destinar o Goberno Local no 2021 para axudar a aquelas familias que non poden asistir ao traballo por obrigas nos coidados? Por exemplo as familias monoparentais, que están totalmente desprotexidas
Con esta batería de preguntas, dende o BNG acabamos de facilitarlle unha folla de ruta en materia de igualdade a desenvolver no Concello de Viveiro.