Cervo, 4 de marzo, 2021. As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa Muller como protagonista.
Así, durante este mes ofreceranse sesións virtuais de INICIACIÓN AO IOGA cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (Casa do Concello, Casa da Cultura, Fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo…)
O DÍA 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
O auditorio da Casa da Cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
Prográmase ademais o concurso virtual: QUE MULLER CHE INSPIRA? cuxas bases se farán públicas este venres, 5 de marzo
A profesora Nuria Torrado ofrecerá tamén 8 de marzo unha clase de Ioga especial dedicada á muller
#mesdamuller #díadamuller #8demarzo