Site icon Crónica3.com A Mariña

María Pillado, usuaria do Centro de Día Residencia de San Cibrao, cumpre 100 anos

Dada a situación sanitaria, lamentablemente, os representantes do equipo de goberno non puideron estar fisicamente na celebración do seu aniversario xunto a toda a familia do Centro de Día Residencia. Pero neste día, desde o Concello, a través da delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada, enviáronlle todo o cariño en forma de ramo de flores. Por outra banda, o centro reabre a vindeira semana con todo o persoal e usuarios inmunizados.

Exit mobile version