Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez anima ás mulleres da provincia a “loitar polos seus soños e a defender os seus dereitos”

Lugo, 8 de marzo de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou hoxe, 8 de marzo, a todas as mulleres da provincia a “loitar polos seus soños e a defender os seus dereitos”.

A subdelegada afirmou que “aínda que a crise sanitaria impídenos conmemorar con actos masivos o Día internacional da Muller, non por iso imos quedar caladas”.

Rodríguez lamentou que “a pandemia supón unha barreira máis na loita pola igualdade”, pero remarcou que “as mulleres somos moi poderosas e estamos afeitas a superar todo tipo de barreiras, así que tampouco este obstáculo nos vai deter”.

“As mulleres loitamos sempre polos demais, pola familia, os fillos, os país..e agora tamén polos nosos dereitos, lle pese a quen lle pese”, advertiu.

Neste Día Internacional da Muller, a subdelegada indicou que “a igualdade avanza con moita lentitude, mesmo en sociedades desenvolvidas como as que formamos a Unión Europea, e a crise provocada pola COVID está a reflectir a dificultade nese avance, como se constata na declaracións institucional aprobada polo Goberno con motivo deste Día Internacional da Muller. Nela, o Goberno de España mostra o seu firme compromiso coa promoción e a protección dos dereitos das mulleres e das nenas. E neste 8 de marzo, eu quero lembrar ás mulleres da provincia que todas temos a responsabilidade de facer oír, hoxe, e todos os días do ano, a nosa voz. Na medida das nosas posibilidades. Debemos defender os nosos dereitos. Por nós e novas xeracións de mulleres que veñen detrás”.

A Subdelegación do Goberno súmase á celebración do Día Internacional da Muller coa colocación dunha pancarta conmemorativa na fachada principal e coa elaboración e difusión dun díptico informativo sobre o III Plan para a Igualdade de Xénero na Administración Xeral do Estado e os seus Organismso Públicos que acaba de poñer en marcha o Goberno.

Exit mobile version