Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran papel do Ría de Foz no absoluto galego de pista cuberta

Foz, 15 de marzo, 2021. Este domingo desputouse en Ourense o XXXVI Campionato de Galicia absoluto en pista cuberta. Coa representación de Simón e Rosalía.

Simón participou nos 3000ml. Foi segundo da súa serie, cunha gran carreira e un prodixioso último km, que lle valeron ser o oitavo máis rápido da final, e obter a súa mellor marca nesta distancia: 8:44.32

Rosalía fixo parte dos 400ml e 800ml. Nos 400ml rematou cuarta na súa serie e décima no cómputo xeral da final. Por outra banda, na final 800ml, acadou o terceiro posto da súa serie e rematou novena da xeral. Ademais, bateu a súa mellor marca persoal detendo o crono en: 2:28.29

É imposible poñerlle un só “pero” á participación dos atletas focenses neste Campionato Galego (a mellora das súas marcas fala ás claras do esforzo e traballo que hai detrás). O Club Sigue facendo camiño, levando o nome de Foz, con moitísimo orgullo, polos diferentes campionatos de Galicia e España.

Helena Celada, 5º posto no sub-16
A atleta acadou un 5° posto na proba dos 300ml
Pola mañá, bateu a súa mellor marca nesta distancia (45’72”) para meterse na final. Xa pola tarde, foi a gañadora da súa serie para acadar un quinto posto que sabe a podio.
FOZ, e o Club, teñen en Helena unha gran embaixadora polas pistas de Galicia.

Exit mobile version