Site icon Crónica3.com A Mariña

Fran Cajoto apuntou, nunha xuntanza coa subdelegada do goberno, a falta de claridade nas normas coas novas restricións da Xunta para a hostalaría

Foz, 5 de marzo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto ao concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García, mantiveron unha reunión de traballo coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Na reunión avanzouse en proxectos xa tratados na xuntanza que mantivo hai unas semanas o rexedor municipal co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e tamén falaron da falta de claridade nas normas coas novas restricións da Xunta de Galicia para a hostalaría.

“Teño que agradecer á subdelegada o seu tempo e a boa disposición que ten sempre para tratar atender as demandas que afectan a Foz. Aproveitamos este encontro para abordar varios asuntos, concretamente plantexámoslle a falta de claridade existente nas novas normas coas restricións sanitarias publicadas no DOG con respecto aos aforos e á disposición do mobiliario nesta nova apertura da hostalaría, o que está causando moitos problemas e inconvenientes aos empresarios dun sector que xa está moi castigado. Espero de verdade que a Xunta de Galicia dea unhas directrices claras para que todos teñamos certeza na aplicación da normativa, especialmente os empresarios e empresarias, tan importantes para o tecido económico e o emprego en Foz”, manifestou Fran Cajoto.

Exit mobile version