Site icon Crónica3.com A Mariña

Finalizados os traballos de limpeza dun regato nas proximidades de Vilameá, na Pontenova

A Pontenova, 18 de marzo, 2021. A Confederación Hidrográfica do Cantábrico finalizou os traballos de adecuación dun regato innominado nas proximidades de Vilameá, no termo municipal da Pontenova.

A actuación tiña por obxecto a retirada e xestión dos residuos dunha antiga entulleira incontrolada polo que pasa un afluente do rego de Riotorto.

Este traballo, cun investimento de 1.762,56 euros, realizouse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve CH Cantábrico, nos ríos cantábricos da provincia de Lugo.

No ano 2020 o investimento realizado en traballos de conservación e mantemento de leitos en Lugo foi de 248.689 euros, repartida en 17 actuacións en 9 municipios.

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico lembra que os labores de conservación e mantemento de leitos en zonas urbanas son competencia dos concellos, polo que as súas actuacións circunscríbense, necesariamente, ás zonas non urbanizadas.

Exit mobile version