Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallados os premios do concurso “CovidENTRÓIDATE 2021” de Xove

Xove, 11 de marzo, 2021. Unha das actividades que a Concellería de Cultura puxo en marcha dentro da programación do Entroido foi o Concurso “CovidENTRÓIDATE 2021”.

Os disfraces presentados tiñan que gardar relación co Covid-19; dende a organización pretendíase abrir un espazo imaxinativo que contribuira, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.

Puideron participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa COVID, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove.

Buscouse que a xente se disfrazase, iso sí, respectando todas as normas Covid, feito que limitou moito, polo que se estableceron 3 categorías participativas, todas fácilmente realizables no entorno familiar.

Os premiados/as, foron:

Categoría INDIVIDUAL INFANTIL (de 0 a 14 anos):
1º Premio: (Inf. 3) COLEXIO HOGWARTS
2º Premio: (Inf. 6) POLICÍA ANTIVIRUS
3º Premio: (Inf. 2) CONTROLANDO A PANDEMIA

Categoría INDIVIDUAL ADULTOS (maiores de 14 anos):
1º Premio: (Ind. Adult. 4) VACINA PFRAZER, LABORATORIOS PENASAGUDAS
2º Premio: (Ind. Adult. 5) VIRUS FORA DA CASA.
3º Premio: (Ind. Adult. 6) – MÉDICO NA CASA.

Categoría FAMILIAR:
1º Premio: (Famil. 5) ANO DO DEMO.
2º Premio: (Famil. 4) NIN VACUNA, NIN SOLFATO, TEMOS QUE BATEALO.
3º Premio: (Nº Famil 3) VACINAS COVI

Os premios consisten na entrega de un cheque-regalo que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove, tendo como límite o 30 de xuño de 2021 para realizar o gasto.

Exit mobile version