Site icon Crónica3.com A Mariña

Eto’o xa non é laranxa

Burela, 24 de marzo, 2021. O pivote Lucas Miguel Pereira da Silva, máis coñecido como Eto’o, vén de causar baixa nas filas burelistas. O brasileiro, que defendía o 16 do Pescados Rubén dende o mercado de inverno 2019-20, non puido completar os trámites burocráticos necesarios para regresar do seu país e reincorporarse á dinámica do equipos debido aos problemas derivados da pandemia.

Dende o club, agradecen a dedicación de Eto’o ao longo destes meses e desexámolle sorte na súa prometedora carreira.

Exit mobile version