Ribadeo, 29 de marzo de 2021. Na oficina de Acisa Ribadeo, situada na rúa San Roque, foron entregados os premios aos gañadores do XI Concurso Fotográfico Día do Pai.
O primeiro premio co título Que la vida nos acompañe toda la vida juntos, foi para Ricardo López Fernández por unha fotografía feita na Lira. O gañador recibiu unha cámara fotográfica FHD HDR-AS50 B Black Sony valorada en 250 €. O segundo premio co título Papá es el mejor maestro foi para Igor Rodríguez Gómez por unha fotografía feita no bar Galicia, que recibiu 60 euros en vales de compra de Acisa. E o terceiro premio co título De tal pai, tal filla foi para Antía Vázquez Gómez por unha fotografía feita en Galipizza, que foi obsequiada con 40 euros en vales de compra de Acisa.
Os premios foron entregados polo xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada.