Pois ben, no día de hoxe, quixemos continuar con outra actividade relacionada con esta efeméride pero, neste caso, dirixida aos nosos maiores.
Así a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse esta tarde ata o Centro de Día Residencia de San Cibrao para entregarlles ás persoas usuarias e ao cadro de persoal, unha vintena de plantas de interior e de exterior que, ademais do seu valor estético contribuirán a mellorar a súa calidade de vida, creando espazos para a relaxación e a estimulación dos seus sentidos.
O valor ecolóxico das plantas é fundamental, pois ademais de proporcionarnos oxíxeno, actúan como filtros dos contaminantes do aire a auga, protexen e fertilizan o solo, regulan a temperatura ou minoran o quecemento do planeta.
Agardamos pois que a familia do CDR desfrute moito destas plantas que
eles/as mesmos/as coidarán e dos espazos únicos que de seguro crearán alá onde as pousen.